Perfís de teleseguimento
Escolle un perfil para consultar os seus criterios de inclusión, as biomedidas con rangos de control, os cuestionarios asociados e os prazos de resposta do profesional.
Automedición da presión arterial
Perfil de curta duración para confirmar ou descartar hipertensión arterial mediante rexistros domiciliarios de presión arterial durante 5-7 días consecutivos.
Control de INR
Seguimento de pacientes en tratamento con anticoagulación oral (ACO) mediante autoanálise mensual do INR con coagulómetro facilitado polo servizo.
Diabetes mellitus con monitorización de glicosa
Protocolo de seguimento de pacientes con diabetes portadores de sensor de monitorización continua de glicosa (FreeStyle Libre 2/3), cos indicadores do informe do sensor telemonitorizados.
Coidados paliativos / HADO
Perfil para pacientes en programa de soporte de coidados paliativos e hospitalización a domicilio, con biomedidas diarias opcionais e escalas de síntomas adaptadas á situación de cada paciente.
Fibrose quística
Perfil de seguimento domiciliario de pacientes con fibrose quística: biomedidas semanais e mensuais, datos espirométricos e unha batería de cuestionarios clínicos, nutricionais e de calidade de vida (adultos e nenos).
Lupus eritematoso sistémico
Seguimento clínico a distancia de pacientes con LES con actividade clínica en tratamento inmunosupresor, mediante un cuestionario de 6 preguntas con puntuación e semáforo de alertas revisado por enfermaría de reumatoloxía.