Biomedidas e cuestionarios
Todo o que ten pautado o paciente neste perfil, agrupado pola frecuencia coa que debe rexistralo.
Cada semana 6 biomedidas · 2 cuestionarios
🌡️Temperatura
SemanalBiomedida
1/semana · 7-10 h · ou se febre
36 – 37,5 ºC
> 37,5 – 38 ºC
> 38 ºC
Temperatura
- Periodicidade
- 1 toma semanal, entre as 7 e as 10 h, ou se nota sensación de febre ou calafríos.
- Condicións
- Realizará a medida da temperatura axilar.
- Controis
Amarelo: > 37,5 ºC a 38 ºC.
Vermello: > 38 ºC.
🩺Presión arterial
SemanalBiomedida
1/semana · 7-10 h
TAS 120-145 · TAD 70-90
TAS 146-180 ou 90-119 · TAD 91-100 ou 55-69
TAS > 180 ou < 90 · TAD > 100 ou < 55
Presión arterial
- Periodicidade
- 1 toma semanal, de 7 a 10 h.
- Condicións
- Dúas medicións en cada toma, separadas 2 minutos entre elas, anotando a segunda medición.
- Obxectivos de control
- Tensión arterial sistólica (TAS) 120-145 mmHg.
- Tensión arterial diastólica (TAD) 70-90 mmHg.
- Controis
Amarelo: TAS entre 146 e 180 mmHg ou entre 90 e 119 mmHg.
Amarelo: TAD 91-100 mmHg ou 55-69 mmHg.
Vermello: TAS > 180 mmHg ou < 90 mmHg.
Vermello: TAD < 55 mmHg ou > 100 mmHg.
❤️Frecuencia cardíaca
SemanalBiomedida
1/semana · 7-10 h · tras 20 min de repouso
60 – 99 lpm
45-59 · 100-120 lpm
< 45 · > 120 lpm
Frecuencia cardíaca
- Periodicidade
- 1 toma semanal, de 7 a 10 h.
- Condicións
- Medición despois de 20 minutos en repouso.
- Dúas medicións en cada toma, separadas 2 minutos entre elas, anotando a segunda medición.
- Controis
Amarelo: 45-59 lpm ou 100-120 lpm.
Vermello: < 45 lpm ou > 120 lpm.
🫁Saturación de O₂
SemanalBiomedida
1/semana · 7-10 h · 20 min de repouso
Saturación basal do paciente
Baixada do 2 % sobre o obxectivo
Baixada > 2 % sobre o obxectivo
Saturación de O₂
- Periodicidade
- 1 toma semanal, de 7 a 10 h.
- Condicións
- O paciente colocará o pulsioxímetro nun dedo ou no lóbulo da orella e esperará 20 minutos en repouso, mantendo o oxímetro durante un minuto, empregando a FiO₂ habitual se ten O₂ na casa.
- Obxectivos de control
- Saturación basal de cada paciente.
- Controis
Amarelo: Baixada dun 2 % do obxectivo de control.
Vermello: Baixada maior do 2 % do obxectivo de control.
👟Actividade física
SemanalBiomedida
Semanal · pasos do día anterior
Individualizado por paciente
−1.000 a −2.000 pasos
< 2.000 ou > 20.000 pasos
Actividade física
- Periodicidade
- Semanal.
- Condicións
- Indicar os pasos realizados o día anterior.
- Obxectivos de control
- Individualizar por paciente.
- Controis
Amarelo: Descenso de entre 1.000 e 2.000 pasos do obxectivo de control.
Vermello: < 2.000 pasos ou > 20.000 pasos do obxectivo de control.
🩸Glicemia
SemanalBiomedidaOpcional
1/semana · 7-10 h · antes da inxesta
80 – 100 mg/dl
60-80 · > 150 mg/dl
< 60 · > 300 mg/dl
Glicemia
Opcional - Periodicidade
- Semanal. O paciente realizará automedida pola mañá (07:00-10:00 h).
- Controis
Amarelo: Entre 60 e 80 mg/dl ou superior a 150 mg/dl.
Vermello: Inferior a 60 mg/dl ou superior a 300 mg/dl.
🚽Deposicións
SemanalCuestionario
6 preguntas
Cuestionario xeral: deposicións
- Periodicidade
- Semanal.
- Preguntas
- Número de deposicións diarias.
- Feces: líquidas / grumosas / pastosas / formes.
- Deposicións explosivas (Si/Non).
- Presenza de graxa nas feces (Si/Non).
- Presenza de moco nas feces (Si/Non).
- Estreñimento (Si/Non).
🏃Exercicio físico diario
SemanalCuestionario
4 preguntas
Cuestionario xeral: exercicio físico diario
- Periodicidade
- Semanal.
- Preguntas
- Tempo destinado ao exercicio físico ao día (en horas).
- Tipo de actividade física que realiza.
- Número de pasos/día.
- Número de veces que realizou fisioterapia respiratoria ao día.
Cada mes 1 biomedida · 7 cuestionarios
⚖️Peso
MensualBiomedida
Mensual · 7-10 h · en xaxún
Preestablecido en cada caso
± 1 – 3,9 kg
± 4 kg ou máis
Peso
- Periodicidade
- Mensual. Realizará unha medida pola mañá (07:00-10:00 h).
- Condicións
- Usará unha báscula dixital e fará a medición espido, ao erguerse pola mañá, despois de ouriñar e antes de almorzar.
- Obxectivos de control
- Preestablecidos en cada caso.
- Controis
Amarelo: Aumento ou perda de entre 1 e 3,9 kg.
Vermello: Aumento ou perda de 4 kg ou máis.
📝Seguimento domiciliario
MensualCuestionario
4 preguntas
Cuestionario xeral: seguimento domiciliario
- Periodicidade
- Mensual.
- Preguntas
- Dende a última vez que foi visto polo médico, atópase: mellor / igual / peor.
- De 0 a 10, como se sente? (0 moi mal, 10 moi ben).
- N.º de pastillas/día de Kreon.
- Indicar tipo de pastillas Kreon (5.000 U / 10.000 U / 25.000 U).
💨Datos espirométricos
MensualCuestionario
4 preguntas
Datos espirométricos
- Periodicidade
- Mensual.
- Nota
- Rexistro en litros e porcentaxe.
- Preguntas
- FVC (L e %).
- FEV1 (L e %).
- FEV1/FVC.
- En nenos rexistrar tamén FEF 25-75 (L/s) e FEF-75 (L e %).
🫁Síntomas clínicos respiratorios
MensualCuestionario
6 preguntas
Cuestionario xeral: síntomas clínicos respiratorios
- Periodicidade
- Mensual.
- Nota
- Inclúe a escala de disnea mMRC (graos 0 a 4).
- Preguntas
- Ten tose seca? (Si/Non).
- Ten fatiga ou dificultade respiratoria? (Si/Non).
- Presenza de hemoptise (sangue ao tusir). (Si/Non).
- Contía de broncorrea (secrecións/moco) en ml/día.
- Como é a cor do esputo/flemas? Mucoso gris / mucopurulento amarelo claro / purulento amarelo escuro / purulento verde.
- Disnea segundo a escala mMRC: 0 ausencia de afogo agás no exercicio intenso; 1 afogo ao andar moi rápido ou ao subir unha costa pouco pronunciada; 2 afogo en chan ao mesmo paso que outras persoas da mesma idade ou obriga a parar a descansar; 3 o afogo obriga a parar antes dos 100 m ou despois de poucos minutos andando en terreo chan; 4 afogo ao realizar esforzos do día a día como vestirse ou saír da casa, con necesidade de parar.
🥗Nutricional
MensualCuestionario
5 preguntas
Cuestionario xeral: nutricional
- Periodicidade
- Mensual.
- Preguntas
- Suplementos nutricionais/semana: número e cales.
- Suplementos salinos/semana: número e cales.
- Distensión abdominal (Si/Non).
- Dor abdominal (Si/Non).
- Lesións dérmicas de recente aparición (Si/Non).
💬Calidade de vida CFQ-R
MensualCuestionarioOpcional
Calidade de vida CFQ-R (opcional)
- Periodicidade
- Mensual.
- Nota
- Test validado de calidade de vida en fibrose quística para adultos. O cuestionario completo figura no documento oficial do perfil.
💬Calidade de vida CFQ nenos 6-12 anos
MensualCuestionarioOpcional
Calidade de vida CFQ nenos 6-12 anos (opcional)
- Periodicidade
- Mensual.
- Nota
- Versión para pais/nais: valoración das dúas últimas semanas (dificultade para actividades vigorosas, camiñar, subir escaleiras, cargar peso; estado de ánimo; participación en actividades físicas e escolares; síntomas respiratorios e dixestivos).
💬Calidade de vida CFQ nenos 12-14 anos, autorreporte
MensualCuestionarioOpcional
Calidade de vida CFQ nenos 12-14 anos, autorreporte (opcional)
- Periodicidade
- Mensual.
- Nota
- Versión autoadministrada polo adolescente. O cuestionario completo figura no documento oficial do perfil.
ObxectivoAmareloVermelloOpcionalPasa o rato (ou toca) sobre calquera tarxeta para ver a ficha completa.
Criterios de inclusión
Criterios xerais
- Paciente que acepta a inclusión no programa despois de ter sido informado.
- Accesibilidade aos recursos tecnolóxicos necesarios que permita enviar os resultados obtidos.
- Coñecemento das ferramentas necesarias para a telemonitorización, ou ben dispoñer dun coidador que poida dar o soporte preciso para o seu uso e para rexistrar/transmitir a información.
- Dispoñer dos dispositivos necesarios para realizar as biomedidas: termómetro, tensiómetro, medidor de frecuencia cardíaca, báscula, pulsioxímetro e glicómetro.
Criterios específicos
- Pacientes diagnosticados de fibrose quística.
Cuestionarios e escalas
Cuestionario xeral: seguimento domiciliario
Periodicidade: Mensual.
- Dende a última vez que foi visto polo médico, atópase: mellor / igual / peor.
- De 0 a 10, como se sente? (0 moi mal, 10 moi ben).
- N.º de pastillas/día de Kreon.
- Indicar tipo de pastillas Kreon (5.000 U / 10.000 U / 25.000 U).
Datos espirométricos
Periodicidade: Mensual.
Rexistro en litros e porcentaxe.
- FVC (L e %).
- FEV1 (L e %).
- FEV1/FVC.
- En nenos rexistrar tamén FEF 25-75 (L/s) e FEF-75 (L e %).
Cuestionario xeral: síntomas clínicos respiratorios
Periodicidade: Mensual.
Inclúe a escala de disnea mMRC (graos 0 a 4).
- Ten tose seca? (Si/Non).
- Ten fatiga ou dificultade respiratoria? (Si/Non).
- Presenza de hemoptise (sangue ao tusir). (Si/Non).
- Contía de broncorrea (secrecións/moco) en ml/día.
- Como é a cor do esputo/flemas? Mucoso gris / mucopurulento amarelo claro / purulento amarelo escuro / purulento verde.
- Disnea segundo a escala mMRC: 0 ausencia de afogo agás no exercicio intenso; 1 afogo ao andar moi rápido ou ao subir unha costa pouco pronunciada; 2 afogo en chan ao mesmo paso que outras persoas da mesma idade ou obriga a parar a descansar; 3 o afogo obriga a parar antes dos 100 m ou despois de poucos minutos andando en terreo chan; 4 afogo ao realizar esforzos do día a día como vestirse ou saír da casa, con necesidade de parar.
Cuestionario xeral: deposicións
Periodicidade: Semanal.
- Número de deposicións diarias.
- Feces: líquidas / grumosas / pastosas / formes.
- Deposicións explosivas (Si/Non).
- Presenza de graxa nas feces (Si/Non).
- Presenza de moco nas feces (Si/Non).
- Estreñimento (Si/Non).
Cuestionario xeral: exercicio físico diario
Periodicidade: Semanal.
- Tempo destinado ao exercicio físico ao día (en horas).
- Tipo de actividade física que realiza.
- Número de pasos/día.
- Número de veces que realizou fisioterapia respiratoria ao día.
Cuestionario xeral: nutricional
Periodicidade: Mensual.
- Suplementos nutricionais/semana: número e cales.
- Suplementos salinos/semana: número e cales.
- Distensión abdominal (Si/Non).
- Dor abdominal (Si/Non).
- Lesións dérmicas de recente aparición (Si/Non).
Calidade de vida CFQ-R (opcional)
Periodicidade: Mensual.
Test validado de calidade de vida en fibrose quística para adultos. O cuestionario completo figura no documento oficial do perfil.
Calidade de vida CFQ nenos 6-12 anos (opcional)
Periodicidade: Mensual.
Versión para pais/nais: valoración das dúas últimas semanas (dificultade para actividades vigorosas, camiñar, subir escaleiras, cargar peso; estado de ánimo; participación en actividades físicas e escolares; síntomas respiratorios e dixestivos).
Calidade de vida CFQ nenos 12-14 anos, autorreporte (opcional)
Periodicidade: Mensual.
Versión autoadministrada polo adolescente. O cuestionario completo figura no documento oficial do perfil.
Prazos
Prazo de resposta do profesional
Prazo de resposta do profesional segundo o nivel de alerta.
Amarelo: En 5 días.
Vermello: En 72 horas (de 08:00 a 15:00 horas).
Duración da prescrición
Duración da prescrición de teleseguimento: 1 ano, individualizado.
Información para pacientes
Este sitio é material de apoio para profesionais. Ante calquera situación que requira atención urxente, o paciente debe empregar as vías habituais: 061, urxencias hospitalarias, PAC ou centro de saúde.
Data de elaboración do documento orixinal: 15/02/2023.