Criterios de inclusión
Criterios xerais
- Pacientes que aceptaron a inclusión no programa despois de ter sido informados. A aceptación debe quedar rexistrada.
- Accesibilidade aos recursos tecnolóxicos necesarios: teléfono móbil e ordenador (PC) con conexión a Internet.
- Coñecemento, aínda que sexa básico, das ferramentas necesarias para a telemonitorización, ou ben dispoñer dun coidador que poida dar o soporte preciso para o seu uso e para rexistrar/transmitir a información.
Criterios específicos
- Pacientes en tratamento con anticoagulación oral (ACO) que precisan control de INR.
- Facilitaráselles coagulómetro.
Biomedidas
INR
- Periodicidade
- Cada mes ou segundo teña indicado na pauta de tratamento de ACO. O paciente realizará autoanálise do INR pola mañá (07:00-10:00 h).
- Condicións
- Ter en conta medicamentos potenciadores (AINE, AAS, clopidogrel) ou inhibidores do tratamento de ACO.
- O alcol e algunhas verduras diminúen o efecto dos anticoagulantes (grelos, espinacas, coles, coliflor, chícharos e xudías verdes).
- Controis
Vermello: Aparición de hemorraxias.
Vermello: INR < 2,0 ou > 3,0.
Presión arterial
Opcional - Periodicidade
- Cada mes. O paciente realizará automedida da presión arterial pola mañá (07:00-10:00 h).
- Condicións
- Fará 2 medidas de presión arterial, con 1-2 minutos de espera entre elas.
- Obxectivos de control
- Tensión arterial sistólica (TAS) de 100 a 135 mmHg.
- Tensión arterial diastólica (TAD) de 70 a 85 mmHg.
- Controis
Amarelo: TAS entre 90 e 100 mmHg ou entre 136 e 150 mmHg.
Amarelo: TAD entre 60 e 70 mmHg ou entre 85 e 90 mmHg.
Vermello: TAS < 90 mmHg ou > 150 mmHg.
Vermello: TAD < 60 mmHg ou > 90 mmHg.
Frecuencia cardíaca
Opcional - Periodicidade
- Cada mes. O paciente realizará automedida da frecuencia cardíaca pola mañá (07:00-10:00 h).
- Condicións
- Fará 2 medidas de frecuencia cardíaca, con 1-2 minutos de espera entre elas.
- Obxectivos de control
- Entre 60 e 80 pulsacións por minuto (ppm) en repouso.
- Entre 90 e 115 ppm durante o esforzo moderado.
- O 20 % da frecuencia cardíaca máxima teórica durante o esforzo máximo.
- Controis
Amarelo: En repouso: entre 45 e 60 ppm ou entre 80 e 110 ppm.
Vermello: En repouso: < 45 ppm ou > 110 ppm.
Índice de masa corporal (IMC)
Opcional - Periodicidade
- Unha vez ao mes, unha medida pola mañá (07:00-10:00 h), cunha marxe de adherencia de ± 72 horas respecto aos horarios indicados.
- Condicións
- Tomarase a medida cunha báscula dixital, co paciente espido, ao erguerse pola mañá, despois de ouriñar e antes de almorzar.
- Controis
Amarelo: IMC entre 27 e 29,9 kg/m².
Vermello: IMC > 30 kg/m².
Cuestionarios e escalas
Enquisa do paciente anticoagulado
Periodicidade: Cada mes, antes de realizar a análise.
En caso de que a resposta a algunha das preguntas sexa afirmativa, é importante que o profesional sanitario realice actuacións ao respecto.
- Fixo algunha modificación no seu tratamento dende a última visita? (Si/Non)
- Toma algún fármaco novo dende a última visita? (Si/Non)
- Deixou de tomar algún tratamento dende a visita anterior? (Si/Non)
- Esqueceuse ou non tomou algún día o seu T.A.O.? (Si/Non)
- Fixo algunha modificación na súa dieta habitual? (Si/Non)
- Estivo enfermo dende a última visita? (Si/Non)
- Tivo diarrea? (Si/Non)
- Vomitou algún día despois de tomar o T.A.O.? (Si/Non)
- Toma o seu T.A.O. aproximadamente á mesma hora? (Si/Non)
- Tivo vostede algunha hemorraxia? (Si/Non)
- Modificou o consumo de bebidas alcohólicas? (Incrementado/Non/Diminuído)
- Presentou alteración na sensibilidade ou na mobilidade de partes do seu corpo? (Si/Non)
- Ten outros comentarios que facer? (Si/Non)
Test de Morisky-Green
Periodicidade: Cada 6 meses.
No caso de que a resposta a algunha das preguntas sexa afirmativa, é importante que o profesional sanitario realice actuacións ao respecto.
- Esqueceuse algunha vez de tomar os medicamentos? (Si/Non)
- Toma os medicamentos ás horas indicadas? (Si/Non)
- Cando se atopa ben, deixa algunha vez de tomalos? (Si/Non)
- Se algunha vez lle senta mal, deixa de tomar a medicación? (Si/Non)
Prazos
Prazo de resposta do profesional
No caso de que haxa algún parámetro fóra do rango de referencia, o profesional sanitario debe realizar actuacións ao respecto nun prazo razoable.
Amarelo: Presión arterial e frecuencia cardíaca: prazo máximo de resposta de 7 días.
Vermello: INR: prazo máximo de resposta de 1 día.
Vermello: Presión arterial e frecuencia cardíaca: prazo máximo de resposta de 3 días.
Duración da prescrición
A duración por defecto será a data de prescrición + 1 ano, pero o prescritor poderá modificar a data se así o considera.
Información para pacientes
Este sitio é material de apoio para profesionais. Ante calquera situación que requira atención urxente, o paciente debe empregar as vías habituais: 061, urxencias hospitalarias, PAC ou centro de saúde.